círculo
lat circŭlu ‘círculo’
-
-
s
Conxunto de todos os puntos dun plano que cumpren que a distancia a un punto fixo é igual a un segmento dado, denominado raio.
-
círculo goniométrico
Circunferencia de raio unidade en que o centro é a orixe dun sistema de coordenadas cartesianas. Emprégase para definir as razóns trigonométricas dun ángulo.
-
círculo de curvatura/osculador
Círculo en que o seu centro e o seu raio son o centro e o raio de curvatura dunha curva nun punto dado.
-
cuadratura do círculo
Determinación da superficie dun cadrado que equivale á dun círculo dado.
-
s
-
s
m
Liña curvada en forma de circunferencia ou aproximada a unha circunferencia.
-
s
m
Grupo de persoas que comparten unha determinada actividade ou afección.
-
s
m pl
Conxunto das persoas ou das cousas que forman o ambiente ou co que se ten unha ligazón.
-
s
m
-
Asociación de carácter cultural, recreativo ou deportivo sen ánimo de lucro.
-
círculo de obras católicas
[POLÍT ]
Agrupación confesional de traballadores do s XIX que procuraba atender as necesidades relacionadas cos seguros mutuos, a instrución, e a cooperación, ademais da formación relixiosa, dirixida por un crego consiliario.
-
-
-
círculo acimutal
Aparato que se usa a bordo dunha embarcación para calcular a marcación doutro barco, dun punto da costa ou o acimut dun astro.
-
círculo de reflexión
Instrumento astronómico e náutico que se usa para observar as alturas dos astros e para medir ángulos horizontais e verticais.
-
círculo meridiano
Telescopio adaptado para medir a posición e a hora de paso das estrelas polo meridiano, que consiste nunha lente que se move no plano do meridiano do observador.
-
círculo mural
Instrumento que se usaba antigamente para medir a declinación das estrelas e que consistía nunha lente que podía xirar ao redor dun eixe horizontal fixado moi solidamente nunha parede vertical.
-
círculo acimutal
-
círculo circuncenital
[METEOR ]
Fenómeno de halo que consiste nun círculo de 4° ata 30° de raio, que ten o seu centro no cénit.
-
círculo de razas
[BIOL ]
Conxunto de subespecies ou de razas que forman unha especie politípica.
-
círculo de vexetación
[XEOL/BOT ]
Unidade superior da sistematización fitosociolóxica que inclúe a totalidade de unidades inferiores que viven nunha rexión bioxeográfica determinada.
-
círculo lítico
[PREHIST ]
Construción megalítica que está formada pola disposición en círculos de pedrafitas ou menhires.
-
círculo máxico
Círculo debuxado na terra, en cuxo centro se coloca o mago para invocar e conxurar os espíritos.
-
círculo polar
[XEOG ]
Paralelo terrestre situado a 23° 28’ do Polo Norte (Círculo Polar Ártico) e do Polo Sur (Círculo Polar Antártico), é dicir, a unha latitude de 66° 32’ N e S.
-
círculo vicioso
-
Razoamento ou definición co que se tenta explicar dúas cousas reciprocamente, unha por outra.
-
Situación que non se pode resolver xa que existen dúas circunstancias que son á vez causa e efecto unha da outra.
-
Sinónimos
Citas
- As pedras estaban dispostas en círculo
- É moi difícil conseguir información se non pertenceces a determinados círculos
- Goza dunha gran reputación entre o círculo de literatos
- O avión fixo un círculo ao redor do estadio