circular

circular

lat circulāre, adxectivo

Plural: circulares
  1. adx

    Que ten forma de círculo ou circunferencia.

  2. s f
    1. Carta dirixida a diferentes persoas e cunha mesma redacción.

    2. [DER ]

      Forma externa que reviste a resolución ou disposición administrativa ditada por calquera órgano da administración xerarquicamente inferior ao ministro e, nas comunidades autónomas, inferior ao conselleiro. O seu obxectivo é a organización interna e o funcionamento dos servizos dependentes.

  3. circular de cordón [PAT ]

    Anomalía da posición do cordón umbilical que consiste nun enrolamento do cordón arredor dunha parte do corpo fetal.

Citas

  • O edificio ten planta circular
  • O problema consistía en calcular unha superficie circular