circo
lat circu
-
s
m
-
Local circular fixo ou ambulante, con bancadas para os espectadores, onde se executan diversos espectáculos e exhibicións.
-
Conxunto de exercicios executados nun espectáculo circense.
-
Conxunto de artistas e elementos que forman parte do espectáculo circense.
-
-
s
m
[HIST/ARTE ]
Edificio da antiga Roma dedicado ao espectáculo de carreiras de carros lixeiros e formado por un rectángulo alongado (arena) dividido, lonxitudinalmente por un muro baixo (spina) decorado e tres sinais cónicos (meta). Arredor estaban as bancadas coa tribuna presidencial.
-
-
s
Figura con forma de circunferencia.
-
s
Luz que rodea a Lúa ou o Sol. OBS: Tamén se denomina circo da Lúa ou circo do Sol.
-
circo glaciar
[XEOG ]
Forma erosiva do relevo, resultado da acción glaciaria que presenta unha forma de conca semicircular, dominada por paredes abruptas.
-
circo lunar
[XEOL ]
Forma de relevo característica da superficie lunar que presenta unha estrutura circular, co sector central deprimido e coas marxes máis ou menos elevadas. OBS: A miúdo recibe o nome de cráter lunar.
-
s
Sinónimos
Citas
- Vino debuxando circos na area da praia
- ¡Vaia circo que teñen feito os rapaces no seu cuarto!