choia

choia

fr choue

Plural: choias
    1. s

      Ave do xénero Pyrrhocorax, da familia dos córvidos, de plumaxe negra e peteiro longo e coloreado. Ten ás anchas e palmeadas que se curvan cara a arriba nos voos. Aliméntase de gasterópodos, insectos e vermes.

    2. choia biquiamarela [Pyrrocorax graculus]

      Choia co peteiro amarelo claro.

    3. choia biquivermella [Pyrrhocorax pyrrhocorax]

      Choia con peteiro fino e longo vermello intenso nos adultos e amarelo nos animais novos.

  1. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Nome que reciben outros córvidos, especialmente o corvo común.

Palabras veciñas

choer chofer chofre choia choiar choio choiva