choiva
choiva
Plural:
choivas
s
f
[METEOR ]
chuvia.
Refranes
- A auga de abril enche o carro e o carril.
- A auga de febreiro derrama o viño.
- A auga de febreiro fai o lameiro.
- A auga de febreiro ten para os campos tempero. e a auga de maio teno para todo o ano.
- A auga de maio inda carga o carro.
- A auga de san Xoán leva o viño e tolle o pan.
- A auga de san Xoán tolle o viño e non dá pan.
- A auga de xaneiro mata o usureiro.
- A auga o dou e a auga o levou.
- A auga todo o leva.
- A chuvia de febreiro fai o palleiro.
- A chuvia na eira non fai malladoiro.
- A chuvia na semana da Ascensión leva o centeo e deixa o relón.
- A chuvia no mes de agosto non é chuvia que é mosto / que é mel e mosto.
- Abellas revoltas, tempestades ás voltas.
- Abril augas mil, escoadas por un mandil.
- Abril augas mil, peneiradas nun candil.
- Abril augas mil, se non ao comezo, ao medio ou á fin.
- Abril chove para as xentes e maio para as bestas.
- Abril chovedeiro enche o cabaceiro.
- Abril frío e mallado enche o celeiro e farta o gado.
- Abril mallado, malo na harta e bo no campo.
- Abril que non chove deixa o labrego pobre.
- Abril quente e mallado, carga o carro e engorda o gado.
- Abril, p"ara ser abril, ten que vir con augas mil.
- Aire de Lugo, auga no puño.
- Andoriña que alta voa, non teme que chova.
- Andoriña que voa a rentes da terra chuvia venta.
- Ano de chuvias, poucas madrugas.
- As augas de abril cargan o carro e o carril.
- Auga á mañanciña, tormenta á tardiña.
- Auga criadora, cando máis chora.
- Auga de abril e xeada de maio aseguran o ano.
- Auga de abril e xeada de maio, herba para todo o ano.
- Auga de abril, molla o carro, molla a leira e molla o carril.
- Auga de agosto, mel e mosto.
- Auga de febreiro enche o cabaceiro.
- Auga de febreiro fai palleiro.
- Auga de maio trae mal ano.
- Auga de maio, pan para todo o ano.
- Auga de maio, trae bo ano.
- Auga de marzo, herbanzo.
- Auga de marzo, peor lixo no pano.
- Auga de mediodía, auga para todo o día.
- Auga de outono mata o seu dono.
- Auga de san Xoán tolle o viño e non dá pan.
- Auga de trebón nunha parte dá; e noutra, non.
- Auga de xaneiro ata a sega ten tempero.
- Auga de xaneiro todo o ano ten tempereiro.
- Auga de xaneiro, cada pinga vale diñeiro.
- Auga e sol, para as froitas: lagarto; para as viñas, pulgón.
- Auga en febreiro, mellor que en xaneiro.
- Auga en maio mata o porco dun ano.
- Auga en maio quita a sama de todo o ano.
- Auga en maio, pan para todo o ano.
- Auga en maio, pan todo o ano.
- Auga en outono non lle convén ao xornaleiro nio ao seu dono.
- Auga enriba de auga non lixa nin lava.
- Auga mañanceira non é duradeira.
- Auga miúda, non é dura.
- Auga miúda, vendaval que dura.
- Auga non falte, que sol sobrará.
- Auga por agosto, nin pan nin mosto.
- Aurora roiba, ou vento ou choiva.
- Bote Deus auga, que feito está onde caia.
- Cada pingota de auga na sega vale un sapiño na terra.
- Caia auga e veña maio, que xa ternos pan para o ano.
- Cando a Candelaria chora a metade do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e, se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
- Cando a serra se pon de touca, temos auga, moita ou pouca.
- Cando chove e fai sol, alegre está o pastor.
- Cando chove e fai sol, colle o caracol.
- Cando chove e fai sol, é tempo de requeixón.
- Cando chove e fai sol, vai o demo para Ferrol, cargadiño d e alfileres para meterse coas mulleres.
- Cando chove e fai vento, pecha a porta e estate dentro.
- Cando chove moito, ha de escampar logo.
- Cando chove o domingo antes da misa, toda a semana vai de risa.
- Cando chove por agosto, chove mel e mosto.
- Cando chove por febreiro, todo o ano é tempereiro / temporeiro.
- Cando chove, chove; cando neva, neva; cando chove e fai vento, mal tempo.
- Cando en marzo chove e en abril xía, quédase maio feito un ha criba.
- Cando fai sol e chove, é tempo de paga-las débedas.
- Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo.
- Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
- Cando non chove en febreiro, non ten o ano bo tempero.
- Cando non chove en xaneiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
- Cando o domingo chove despois da misa, a semaniña enteira vaise de risa.
- Cando o Pico Sagro pon capelo, meniñas da vila, poñede o mantelo.
- Cando o sol madruga, é sinal de chuvia.
- Cando por san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
- Cando trona, ou chove ou quere chover.
- Carcaxía, norte cría.
- Carcaxía, polo norte pía.
- Ceo aguado, herba no prado.
- Ceo lastrado, agro mollado.
- Choran as pedras do Xallo, temas orballo /ventan orballo.
- Chova ou non chova, pan ha de haber de sobra.
- Chova para min abril e maio e para ti todo o ano.
- Chova para vós na roda do ano e non chova para min en abril e maio.
- Chova por abril e maio e non chova en todo o ano.
- Chova por abril e por maio e non chova en todo o ano.
- Chova por abril e por maio e non chova na volta do ano.
- Chuvia de abril non perdoa o carro nin o carril.
- Chuvia de abril, rocío de maio.
- Chuvia de san Cristovo co seu covo.
- Chuvia de santa María coa súa regazadiña.
- Chuvia en febreiro, bo prado e bo centeo.
- Chuvia en maio, a mexadiña dun gato.
- Chuvia en marzo, nin a mexadura dun gato / nin o mexo dun gato.
- Chuvia mañanceira non é duradeira.
- Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón.
- Chuvia na semana da Ascensión, nin boa faba nin bo melón.
- Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día.
- Chuvia polo agosto é mel e mosto.
- Chuvia por san Xoán tolle o viño e leva o pan.
- Chuvia por Santa Lucía tolle a sardiña.
- Co aire soán cata a auga na man, tanto no inverno coma no verán.
- Corren as nubes para Lugo, auga no puño.
- Curuxa tardega, auga noitega.
- De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir.
- Día de santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña.
- Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro.
- É sinal de boa anada cando o Nadal nada.
- En abril cada pingueira de auga vale por mil.
- En abril chuvias ir, chuvias vir.
- En abril, augas mil; e en maio, tres ou catro.
- En agosto está a auga tras do toxo.
- En febreiro, por cada rego un caneiro.
- En maio augas catro, e esas que cheguen ao barro.
- En maio que chova ata entullarse o carro.
- En marzo auga que non molle o rabo do gato.
- En marzo cada pingueira quita un carto e en abril cada pingueira dá mil.
- En marzo nin o rabo do gato mollado.
- Falten augas mil e non falten en abril.
- Febreiro o mexadeiro, cando na casa, cando no outeiro.
- Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura.
- Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro.
- Moitas augas en maio traen mal ano.
- Moitas augas non traen bágoas.
- Nadal mollado e xaneiro ben xeado.
- No abril cada pingota de auga vale por mil.
- No abril, chuvia que encha o carro e o carril.
- No ano que moito chove o labrego traballa máis que come.
- Non chover nin ventear en santos e nadal.
- O ano malo en auga vén nadando.
- O circo da lúa o pastor enxuga / aos tres días non hai chuvia.
- O dous de febreiro sube ao outeiro; se ves negrexar, ponte a cantar; se ves branquexar, bótate a chorar.
- O que en maio se molla, en maio se enxuga.
- Poeira en abril, lama en agosto.
- Polo abril que veñan augas mil ou cantas queiran vir.
- Se chove pola Ascensión, horta roín e trigo roeón.
- Se maio chora, auga criadora.
- Se non chove en febreiro, nin bo prado nin bo centeo nin bo lameiro.
- Se o ano sae chorando, mal para as hortas e para os campos.
- Se o domingo chove arredor da misa, pola semana adiante verás que risa.
- Se o gato lava a cara, é que venta enchente de auga.
- Se o Nadal nada, sinal de boa anada.
- Se san Xoán chora, a silveira non dá moras.
- Sempre houbo augas mil polo mes de abril.
- Sol con auga non vale nada.
- Sol con barbas, augas.
- Sol e auga, tempo de leite callado.
- Sol madrugadeiro, chuvia no quinteiro.
- Sol na cidá, auga no nabal.
- Unhas pingan e outras mollan.
- Veña maio e veña pardo.
- ¡Auga de maio, quítame a sarna que traio
- ¡Ben veña abril coas súas augas mil
- ¡Que chova, que chova, sexa dentro ou sexa fóra
- ¡Vaite auga, vente sol polos campos de Ferrol