censura

censura

lat censūra

Plural: censuras
  1. s f

    Acto de censurar.

  2. s f
    1. Exame crítico do contido de determinadas obras que asegura que se respectan determinados límites.

    2. Autoridade, tribunal ou organismo encargado de examinar obras sometidas a censura.

  3. s f
    1. Cargo de censor na antiga Roma.

    2. Período de duración no posto dos dous maxistrados que se ocupaban da realización do censo e da vixilancia dos costumes.

  4. s f
    1. Acción de reprender aos demais pola súa conduta ou polas súas obras.

    2. [RELIX ]

      Condena pública dunha doutrina teolóxica que pronuncia a Igrexa ou un corpo eclesiástico.

    3. [DER ]

      Pena disciplinaria imposta pola Igrexa a individuos que atentan contra os preceptos relixiosos.

  5. censura de contas [DER ]

    Órgano de xestión dos administradores das sociedades anónimas que examina a contabilidade para informar á xunta sobre a súa exactitude e veracidade.

  6. moción de censura [POLÍT ]

    oto emitido polos deputados dunha asemblea coa intención de mostrar a súa disconformidade coa liña política do goberno.

  7. moción de censura construtiva [POLÍT ]

    Moción de censura que debe incluír a proposta dun candidato á presidencia do goberno.