censor -ra

censor -ra

lat censore

Plural: censores Masculino: censor Masculino plural: censores Feminino: censora Feminino plural: censoras
  1. s

    Persoa ou institución oficial que se encarga da censura.

  2. s m [HIST ]

    Maxistrado romano que realizaba o censo ou rexistro dos cidadáns e dos seus bens.

  3. censor de contas [DER ]

    Persoa nomeada pola xunta xeral dunha sociedade anónima para someter ao seu criterio a aprobación da documentación e contabilidade presentada polos administradores da sociedade.

  4. censor xurado de contas [DER ]

    Profesional contable colexiado con funcións de auditoría e inspección de contas, balances e outros documentos contables.

Citas

  • Anda de censor pola vida e a súa éche das máis criticables
  • O censor non permitiu que se visen as imaxes máis escabrosas da película

Palabras veciñas

censatario -ria censo censo censor -ra censual censualista censura