carbono

carbono

carbón

Plural: carbonos
  1. s m [QUÍM ]

    Elemento non metálico que pertence ao grupo IV da táboa periódica, de peso atómico 12,011 e número atómico 6. O 90% dos compostos químicos coñecidos son substancias orgánicas que conteñen carbono.

  2. carbono 14 [ARQUEOL ]

    Método de datación absoluta baseado na radioactividade atómica do carbono que permite datar a morte dos seres vivos e obter datas absolutas válidas para determinados períodos da Prehistoria.

  3. carbono asimétrico [QUÍM ]

    Átomo de carbono que está enlazado a catro átomos ou grupos diferentes. A molécula que o contén presenta actividade óptica.

  4. carbono cuaternario [QUÍM ]

    Átomo de carbono que está unido a catro radicais carbonados mediante enlaces covalentes.

  5. ciclo do carbono
    1. Conxunto de estadios polos que pasa o carbono ao longo do proceso pechado ao que se somete pola acción dos seres vivos.

    2. Conxunto de procesos bioquímicos realizados polos organismos fotosintéticos durante a fase escura da fotosíntese.

  6. dióxido de carbono [QUÍM ]

    Gas incoloro presente na atmosfera, nunha proporción sensiblemente constante. Utilízase na fabricación da sosa, na industria azucreira e na preparación de bebidas carbónicas. OBS: Tamén se denomina anhídrido carbónico ou gas carbónico.

  7. fibra de carbono [TECNOL/QUÍM ]

    Filamentos de carbono que se utilizan na fabricación de materiais compostos, co fin de darlles lixeireza, rixidez e resistencia.

  8. ión carbono [QUÍM ]

    Catión orgánico no que o defecto de carga electrónica se localiza nun átomo de carbono.

  9. monóxido de carbono [QUÍM ]

    Gas incoloro e tóxico presente en moitas mesturas gasosas industriais.

  10. subóxido de carbono [QUÍM ]

    Óxido de carbono que contén unha relación de átomos de osíxeno respecto a átomos de carbono inferior a 1.

  11. sulfuro de carbono [QUÍM ]

    Composto binario de xofre e carbono. Coñécense tres: o monosulfuro (CS), o subsulfuro (C 3 S 2 ) e o disulfuro (CS 2 ), denominado propiamente sulfuro de carbono.