carbonización

carbonización

carbonizar

Plural: carbonizacións
  1. s f

    Acción e efecto de carbonizar ou carbonizarse.

  2. s f [IND ]

    Operación pola que se trata a madeira con lume para que a capa carbonizada a protexa contra a humidade e os insectos.

    1. s

      Operación para reducir a materia orgánica a carbón ou ben para aumentar o contido de carbono dun material parcialmente carbonizado.

    2. carbonización da hulla

      coquización.

    3. carbonización da madeira

      Proceso de descomposición térmica da madeira polo que se reduce a carbón vexetal.

  3. s f [TÉXT ]

    Operación á que se someten os tecidos de la para a eliminación das impurezas vexetais.

  4. s f [XEOL ]

    Proceso de transformación da materia orgánica vexetal en carbón de pedra.