carapela

carapela

carapa

Plural: carapelas
  1. s f
    1. Pel delgada que recobre a castaña por debaixo da casca.

    2. Pel externa, máis ou menos delgada, de certos froitos como a pataca ou a laranxa.

  2. s f

    Capa que se forma sobre o leite ao arrefriar.

  3. s f

    Casca exterior dalgunhas árbores como o bidueiro ou o eucalipto.

Sinónimos

Confrontacións

crema, nata

Citas

  • A carapela das froitas alimenta moito
  • Prefiro as castañas cocidas ás crúas porque lles sae mellor a carapela
  • Xa che servín o leite hai algún tempo e agora vaiche ter carapela