carapucha

carapucha

capucha

Plural: carapuchas
  1. s f

    Especie de gorro rematado en punta, unido a unha peza de vestir, co que se cobre a cabeza.

  2. s f
    1. Calquera peza ou cousa que cobre a punta ou a parte superior dalgunha cousa.

    2. Parte superior da meda.

  3. s f

    Monllo de plumas que teñen algunhas aves e mamíferos na parte superior da cabeza.

Sinónimos

Confrontacións

capuchón

Citas

  • Lembro que na casa dos meus avós había unha carapucha que usaba cando era cativa
  • Mira debaixo do sofá para ver se aparece a carapucha do agulleiro
  • Non chovía pero ía tanto frío que ata levaba posta a carapucha do abrigo