boia

< fr bouée ‘sinal’
  1. f
    1. Corpo flotante suxeito a un cabo, unha cadea ou un cable, que se fixa polo outro extremo ao fondo do mar e que serve de marca ou sinal.
    2. Cada un dos anacos de cortiza ou de plástico que sosteñen a rede para que esta non se afunda.
  2. f TECNOL Corpo flotante que se emprega para indicar o nivel do líquido nun depósito ou para mantelo constante.
  3. boia de amarrada MAR Boia que indica a existencia dun morto para amarrar nela unha embarcación.

Sinónimos

Citas

  • A boia marca o lugar no que está o mergullador, Vou fondear a chalana na boia
  • O temporal rompeu unha ducia de boias da rede
  • Temos que amañar a boia da cisterna

Palabras veciñas