flotador

Plural: flotadores
  1. s m
    1. Corpo flotante.
    2. Obxecto flotante, macizo ou inflado de aire, que se emprega para sosterse sobre a auga ou manter flotando algún corpo.
    3. FÍS Corpo flotante co que se mide a velocidade dunha corrente líquida.
    4. MAR Cámara estanca, chea de aire, destinada a facer insomerxible un bote.
  2. s m AERON Cada un dos elementos que serven para conseguir a flotación da aeronave.
  3. s m PESCA Boia pequena, dun material lixeiro, empregada na pesca, que se fixa ao sedal para manter o anzol a nivel constante.