mANIMALMacho das especies da subfamilia dos bovinos, de cabeza grande e maciza, que polo seu carácter agresivo se castra para facelo apto para os labores agrícolas.
mCarne moi apreciada deste animal.
boi almiscreiro [Ovibos moschatus]ANIMALMamífero ruminante, da familia dos bóvidos, de grandes dimensións con pelame castaño, laúdo e longo ata as patas e grandes cornos.
boi das vacas/de parada/de postoBoi semental.
mANIMALCrustáceo mariño, da orde dos decadópodos, de cacho groso con forma ovada e superficie pouco rugosa, que posúe pinzas no primeiro par de patas, e é de cor entre rosa e castaña no dorso e tirando a branca no ventre.
Citas
Metéuseme un boi nun laño e tiven que collelo cun bicheiro
Frases feitas
A paso de boi. Moi de vagar.
Andar como os bois no monte. Andar espido.
Andar como os bois. Ser un escravo.
Co coiro lordento, como os bois na corte no inverno. Moi sucio.
Nin boi nin vaca. Nin unha cousa nin a outra.
Parecer un boi de machado. Ser moi bo.
Saber con que bois se ara. Co
Saber de que man ara ese boi. Co
Ser un boi de barro/de palla. Apl
Ser un boi manso. Ser boa persoa.
¡Cea os bois! D
Refráns
a boi vello afonda o arado e arrinca as raíces do prado.
a boi vello leva o suco ao dereito.
a boi vello non se chora.
A boi vello ¿para que chocallo?
A boi vello, chocallo novo.
a boi vellouqueiro coñece o seu amo e o seu comedeiro.
ande o bói vello non tuse, a fouce enferrúxase.
Are o meu boi polo folgado e o teu polo gabado.
Boi bravo, rego largo.
Boi cansado asenta ben o paso.
Boi cansado, pe máis asentado.
Boi de prado nunca está sano.
Boi feito fai o barbeito co suco dereito.
Boi fermoso non é para o traballo.
Boi goloso, nin fraco nin gordo.
Boi marelo, pouco andar e moito penso.
Boi pequeno todo é coma.
Boi vezado vol ve ao prado.
Boi, cornudo; labrador, barbudo.
Boi, corvo; burro, combo; e cabalo, fondo.
Boi, frontudo: e cabalo, cascudo.
Boi, galludo; e boieiro, peludo.
Boi, longo; cabalo, redondo.
Boi, testudo; e home, forzudo.
Catro bois nun carro ben tiran para arriba e mellor tiran para abaixo.
Deixa o boi mexar e fártao de arar.
Di o boi: Sácame en marzo, verás como pazo.
Foise o boi ás verzas e non deixou verdes nin secas.
Máis come o boi que cen andoriñas.
Mentres o boi traballa, a vaca no campo apasta.
Nin boi canso nin boi manso. "
Non lle ates a boca ao boi que anda arando.
Ó boi bravo, rego largo.
O boi canso pisa máis forte.
O boi e o leitón en xaneiro crían riñón.
O boi fraco trae a merenda debaixo do rabo.
Ó boi malo relócelle o pelo.
O boi morto vaca é.
Ó boi que ara non lle míre-Ia cara.
O boi que me acornou, ben me escarmentou.
O boi que non ara na cortadoría para.
Ó boi que non poida arar, deixalo apastar.
O boi ruin crece en cornos.
O boi ruin escómase folgando.
O boi ruin nin folgando se descoma.
Ó boi vello dálle mantenza e darache a pelexa.
Ó boi vello non lle búsque-Ia morte, que xa che dará el con ela.
Ó boí vello non lle cates achego, porque el vaise Ao verde e deixa o seco mais, se verde non acha, o seco apaña.
Ó boi vello, xugo novo.
O boi, galludo; e o labrego, barbudo.
O boi, grande, are ou non are.
O boi, para que are; o home, para que traballe; e a muller, para que garde.
O boi, peludo; e o cabalo, barrigudo.
Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.