bico

< celt becc ‘pico’
  1. m Acción e efecto de bicar ou bicarse.
    1. Prolongación da boca das aves formada por dúas pezas córneas.
    2. p Boca das persoas.
  2. m Remate saínte na superficie ou boca de determinados recipientes por onde se verten os líquidos.
  3. m Parte máis elevada ou aguda dalgunha cousa.
  4. bico da teta/do peito Punta redondeada e saínte no peito dos mamíferos.
  5. bico de coral ANIMAL Ave granívora, da familia dos estríldidos, de cola longa, peteiro vermello e plumaxe raiada, de cor grisalla e acastañada coas meixelas brancas, unha franxa ocular vermella e o ventre carmesí.

Confrontacións

Citas

  • Bótalle bico ao cocido
  • Cando ri torce un pouco o bico
  • Deulle un bico na meixela con moito agarimo
  • O neno ao mamar mancouna no bico da teta
  • O paxaro levaba unha miñoca no bico
  • Subiuse ao bico dunha árbore
  • Ten unha cicatriz no bico dunha caída en bicicleta cando era unha nena

Frases feitas

  • Pechar o bico. Calar.
  • Bico da escaleira. O chanzo m
  • Bico de espeto. Persoa que s
  • Bico de pucho. Persoa que come pouco.
  • Bico de Xudas. Beixo que se d
  • Non abrir o bico. Non dicir nada, calar.
  • Non hai onde pousar o bico. Apl
  • Querer o bico da ola. Querer o mellor.
  • Ter moito bico. Ter moita labia ou ser falador.
  • Torcer o bico. P

Refráns

  • Bicos e apertas non fan meniños, mais tocan a vésperas.
  • Boca bicada, muller gañada.
  • Non me fagas bicar, se non queres facerme pecar.
  • O bo bico fai o neno bonito.
  • O que sabe chegar e bicar, non se pode queixar.
  • Polo bicar escomeza a moza a esbarar.