pico

< celtolatino beccu
Plural: picos
  1. s m Calquera cousa con punta afiada.
  2. s m Parte aguda ou elevada que sobresae dunha cousa.
  3. s m Cima aguda dunha montaña.
  4. s m Ferramenta que consiste nunha peza de ferro ou aceiro, rematada en punta nun dos seus extremos ou en ambos os dous, provista dun mango, xeralmente de madeira.
  5. s m Cantidade indeterminada que excede o número que se expresa.
  6. s m Puga que nace nas pólas, talos ou follas dalgunhas plantas.
  7. s m Puga que recobre o corpo de certos animais.
  8. s m AERON Perfil pequeno que, disposto no canto do acceso dunha á, forma unha rañura que impide desprendemento no caso dos ángulos de acceso maiores.
  9. pico de cegoña PLANTA herba agulla.
  10. pico de estaño MINERAL Macla típica da casiterita.

Citas

  • Chegamos a Viveiro ás cinco e pico
  • Colocou unha reixa con picos para que non lle entraran na súa propiedade
  • O xersei está mal feito porque lle sae un pico dunha manga, Cando coroaron o pico do monte xa era noite pecha

Frases feitas

  • Estar/Andar (sempre) de pico. Ser algu