barba

< lat barba
  1. f Extremidade inferior da cara baixo o labio inferior.
  2. f Pelo que crece na rexión da cara correspondente ao maxilar inferior no home adulto.
  3. f MAR Nas embarcacións de aparello latino, pequeno cabo co que se liga o carro ao rodamento de proa.
  4. f ANIMAL Cada un dos filamentos paralelos e dispostos nun mesmo plano a un lado e outro das raques das plumas das aves.
  5. f Cada un dos filamentos que prolongan o casulo do gran do trigo e doutros cereais.
  6. f PINT
    1. Pequena cantidade dunha capa de cor ou de tinta pictórica que sobresae do límite lineal prefixado.
    2. Acumulación de recubrimentos pictóricos formada tras a moldura ou dentro da xunta que queda entre a moldura e a superficie dun retablo se o marco forma conxunto coa táboa.
  7. f TECNOL Baba que presenta o bordo dunha peza fundida ou cuñada.
  8. f TÉXT Desfeito producido na preparación e na fiadura do estame.
  9. f ZOOL
    1. Pelo ou apéndice carnoso que teñen algúns animais.
    2. Cada unha das láminas córneas que os cetáceos misticetos teñen implantadas no padal.
  10. barbas de raposo PLANTA gorga.

Sinónimos

Citas

  • A barba da cabra, dun peixe

Refráns

  • A barba do home, se o gaña, tamén o come.
  • Barba a barba, honra se cata.
  • Barba de tres cores, barba de traidores.
  • Barba pon mesa e non pema tesa.
  • Barba remollada, medio rapada.
  • Barba ruiba, vento anuncia.
  • Barbas que son parellas non gardan ben as ovellas.
  • De tal barba, tal maña.
  • Dúas barbas parellas mal gardan ovellas.
  • Home barbudo, home forzudo.
  • Home de barba roiba, cargue con el quen queira e quen poida.
  • O forzudo ten que ser barbudo.
  • Para ser forzudo, hai que ser barbudo.
  • Se sae con barbas, san Antón e, se non, a Purísima Concepción.
  • ¡Deus me garde de home mal barbado e de lobo esfameado!
  • ¡Deus te garde do mozo, cando lle apunta o bozo!