Anaco de tea, habitualmente rectangular, fixado por un lado a un pau ou hasta e que serve como símbolo ou insignia dunha nación, estado, cidade, dinastía, autoridade, partido, asociación, ou como un signo para identificar situacións xurídicas, militares ou técnicas.
Obxecto que reproduce o anterior en tea, papel ou outro material, empregado con fins diferentes.
Pintura ou representación das cores da bandeira.
Nacionalidade á que pertencen os buques mercantes que a portan.
fCausa ou ideoloxía defendida por alguén.
fBÉL
Unidade militar que segue unha bandeira.
Unidade militar equivalente a un batallón.
fHISTExpedición exploratoria con finalidades económica. OBS: Tamén se denomina entrada.
fMETEORNube que se forma a sotavento de certos picos moi altos, en días de vento forte.
fTRANSPPlaca exterior visible que cando se baixaba poñía en marcha o mecanismo e cando se subía, mantíñao parado, no antigo taxímetro mecánico.
fXEOGConcreción de forma ondulante, referido a unha cova.
bandeira de armadorMARBandeira que ten o distintivo do armador.
bandeira de convenienciaMAR/DERBandeira mercante dalgúns estados cando é utilizada polos barcos pertencentes a outros estados.
bandeira de guerraBÉLBandeira que identifica o conxunto das forzas armadas dun estado.
bandeira de servizoMARBandeira que enarboran entidades, barcos e instalacións, de determinados servizos públicos nalgúns estados.
bandeira de socorroMARPosición da bandeira dun país ou estado cando non está izada completamente e que significa petición de auxilio.
bandeira mercanteMARBandeira que enarboran os barcos mercantes como símbolo do país onde son abandeirados.
bandeira nacionalMARBandeira que simboliza unha nación ou un estado, normalmente adoptada dun xeito oficial.
bandeira negraHISTBandeira izada para indicar a intención de loitar ata a morte.
bandeira realHISTBandeira que levaba o alférez real ou maior diante do soberano cando el persoalmente comandaba o exército, ou na que figuraban as armas do monarca.
bandeira vermellaBandeira utilizada en sinal de perigo ou como símbolo de loita social.
sala de bandeirasBÉLCuarto do cuartel onde se gardan as bandeiras ou os estandartes do corpo.
xura de bandeiraBÉLPráctica tradicional militar coa que os novos membros dunha unidade prometen fidelidade á súa bandeira.
Á porta do edificio do Parlamento de Galicia están izadas as bandeiras galega e española, O día da Patria víronse en Compostela moitas bandeiras que encheron a Quintana
Estes libros teñen uns bos mapas nas bandeiras
Na Guerra Civil moitos combatentes abandonaron a bandeira
Na praia das Catedrais había unha bandeira vermella que indicaba o perigo das fortes ondas
No porto da Coruña hai unha bandeira de servicio
O barco inimigo izou a bandeira branca antes de entregar as súas armas
O capitán mandou arriar a bandeira ao chegar a porto
O capitán mandou gardar as armas na sala de bandeiras
O outro día fomos á xura de bandeira do meu curmán
O uniforme da policía autonómica galega leva a bandeira bordada na manga
Os inimigos baixaron a bandeira ao ver que non tiñan ningunha posibilidade
Os partidos políticos nacionalistas actuais fan do galeguismo a súa bandeira
Os piratas enarboraron a bandeira negra para atacar as naves inglesas
Os piratas facían abuso de bandeira sempre que preparaban unha abordaxe
Por mor da chegada do príncipe á escola Naval de Marín os barcos despregaron a bandeira de combate
Frases feitas
Bandeiras despregadas. Abertamente e
Mudar de bandeira. Cambiar de partido, de opini
Portar a bandeira (nalgunha cousa). Ser o que leva a iniciativa, dirixe ou organiza algo.
Portar alta a bandeira. Facer honor a un cargo. Ex: O colexio da mi
Pregar bandeiras. Desistir dunha empresa, renderse logo dunha desfeita. Ex: Quer