bandeira

< gót bandwo ‘signo, estandarte’
  1. f
    1. Anaco de tea, habitualmente rectangular, fixado por un lado a un pau ou hasta e que serve como símbolo ou insignia dunha nación, estado, cidade, dinastía, autoridade, partido, asociación, ou como un signo para identificar situacións xurídicas, militares ou técnicas.
    2. Obxecto que reproduce o anterior en tea, papel ou outro material, empregado con fins diferentes.
    3. Pintura ou representación das cores da bandeira.
    4. Nacionalidade á que pertencen os buques mercantes que a portan.
  2. f Causa ou ideoloxía defendida por alguén.
  3. f BÉL
    1. Unidade militar que segue unha bandeira.
    2. Unidade militar equivalente a un batallón.
  4. f HIST Expedición exploratoria con finalidades económica. OBS: Tamén se denomina entrada.
  5. f METEOR Nube que se forma a sotavento de certos picos moi altos, en días de vento forte.
  6. f TRANSP Placa exterior visible que cando se baixaba poñía en marcha o mecanismo e cando se subía, mantíñao parado, no antigo taxímetro mecánico.
  7. f XEOG Concreción de forma ondulante, referido a unha cova.
  8. bandeira de armador MAR Bandeira que ten o distintivo do armador.
  9. bandeira de conveniencia MAR/DER Bandeira mercante dalgúns estados cando é utilizada polos barcos pertencentes a outros estados.
  10. bandeira de guerra BÉL Bandeira que identifica o conxunto das forzas armadas dun estado.
  11. bandeira de servizo MAR Bandeira que enarboran entidades, barcos e instalacións, de determinados servizos públicos nalgúns estados.
  12. bandeira de socorro MAR Posición da bandeira dun país ou estado cando non está izada completamente e que significa petición de auxilio.
  13. bandeira mercante MAR Bandeira que enarboran os barcos mercantes como símbolo do país onde son abandeirados.
  14. bandeira nacional MAR Bandeira que simboliza unha nación ou un estado, normalmente adoptada dun xeito oficial.
  15. bandeira negra HIST Bandeira izada para indicar a intención de loitar ata a morte.
  16. bandeira real HIST Bandeira que levaba o alférez real ou maior diante do soberano cando el persoalmente comandaba o exército, ou na que figuraban as armas do monarca.
  17. bandeira vermella Bandeira utilizada en sinal de perigo ou como símbolo de loita social.
  18. sala de bandeiras BÉL Cuarto do cuartel onde se gardan as bandeiras ou os estandartes do corpo.
  19. xura de bandeira BÉL Práctica tradicional militar coa que os novos membros dunha unidade prometen fidelidade á súa bandeira.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • A bandeira de Francia é branca, vermella e azul
  • Á porta do edificio do Parlamento de Galicia están izadas as bandeiras galega e española, O día da Patria víronse en Compostela moitas bandeiras que encheron a Quintana
  • Estes libros teñen uns bos mapas nas bandeiras
  • Na Guerra Civil moitos combatentes abandonaron a bandeira
  • Na praia das Catedrais había unha bandeira vermella que indicaba o perigo das fortes ondas
  • No porto da Coruña hai unha bandeira de servicio
  • O barco inimigo izou a bandeira branca antes de entregar as súas armas
  • O capitán mandou arriar a bandeira ao chegar a porto
  • O capitán mandou gardar as armas na sala de bandeiras
  • O outro día fomos á xura de bandeira do meu curmán
  • O uniforme da policía autonómica galega leva a bandeira bordada na manga
  • Os inimigos baixaron a bandeira ao ver que non tiñan ningunha posibilidade
  • Os partidos políticos nacionalistas actuais fan do galeguismo a súa bandeira
  • Os piratas enarboraron a bandeira negra para atacar as naves inglesas
  • Os piratas facían abuso de bandeira sempre que preparaban unha abordaxe
  • Por mor da chegada do príncipe á escola Naval de Marín os barcos despregaron a bandeira de combate

Frases hechas

  • Bandeiras despregadas. Abertamente e
  • Mudar de bandeira. Cambiar de partido, de opini
  • Portar a bandeira (nalgunha cousa). Ser o que leva a iniciativa, dirixe ou organiza algo.
  • Portar alta a bandeira. Facer honor a un cargo. Ex: O colexio da mi
  • Pregar bandeiras. Desistir dunha empresa, renderse logo dunha desfeita. Ex: Quer