auréola

< lat aureŏla ‘dourada’
Plural: auréolas
  1. s f ARTE Contorno luminoso ou dourado que rodea a cabeza das imaxes esculpidas ou pintadas, especialmente as da iconografía cristiá.
  2. s f ASTRON
    1. Coroa que rodea a Lúa nos eclipses solares.
    2. Anel luminoso de cor branca azulada e difusa, que aparece ás veces arredor do Sol, da Lúa ou doutros astros. 
  3. s f Luz azulada que aparece arredor das lámpadas cando o aire dunha mina contén grisú.
  4. s f p ext Círculo luminoso que envolve un obxecto.
  5. s f fig Opinión favorable que se ten dunha persoa polos seus méritos ou virtudes.
  6. auréola accidental FÍS Fenómeno óptico en forma de contorno anular, de luminosidade e de coloración difusas, que aparece ás veces envolvendo os obxectos que se observan a través dun sistema óptico.
  7. auréola de contacto XEOL Zona de contacto, tamén chamada auréola metamórfica, entre unha masa intrusiva e as rochas que a encaixan.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Coa súa conducta incorruptible forxouse unha auréola de integridade
  • O pintor destacou a imaxe da Virxe cunha auréola

Palabras veciñas