aumento

< lat augmentu
Plural: aumentos
  1. s m Acción e efecto de aumentar.
  2. FÍS
    1. s m Número dado pola relación entre a medida da imaxe e a do obxecto nos instrumentos ópticos que dan imaxe real.
    2. aumento angular Relación entre o ángulo baixo o que se ve un obxecto a través dun instrumento e o ángulo baixo o que é visto, se se observa sen el.
    3. aumento lateral Nos instrumentos compostos de obxectivo e de ocular, a relación entre o diámetro da imaxe virtual obtida polo ocular e o diámetro do obxecto.
  3. s m MÚS Procedemento de imitación que consiste en alongar proporcionalmente a duración das notas do tema modelo.

Citas

  • O aumento da violencia nas rúas é cada vez máis notable