elevación

< lat elevatĭōne
Plural: elevacións
  1. s f Acción de elevar ou de elevarse.
  2. s f Parte máis alta dunha cousa con respecto ao que a circunda.
  3. s f ESPECT Técnica coreográfica introducida no ballet no s XVIII que consiste na creación dun efecto de ingravidez por medio de saltos e doutros movementos complementarios.
  4. s f DEP Parte da acción do salto de altura que se inicia cando o atleta perde o contacto co chan. OBS: Tamén se denomina voo.
  5. s f DEP Movemento lento dos membros superiores ou inferiores, que en ximnasia, se separan do eixe principal para poder colocarse de fronte ou de costado sobre o nivel da articulación correspondente.
  6. s f MAT Proxección ortogonal dunha figura ou dun corpo sobre o plano vertical dun sistema de dous planos, onde o outro é horizontal.
  7. s f RELIX
    1. Xesto que consiste en presentar unha ofrenda á divindade.
    2. Xesto que na misa romana consiste en amosar a hostia e o cáliz para a veneración dos asistentes.
    3. Parte da misa en que se leva a cabo esta acción.

Antónimos

Citas

  • A elevación dos seus sentimentos convertíano nun ser superior
  • O terremoto produciu unha elevación no terreo