incremento

< lat incrementu
Plural: incrementos
  1. s m Acción ou efecto de incrementar ou incrementarse.
  2. MAT
    1. s m Aumento que experimenta unha variable (∆x ou δx) ou unha función (∆f ou δf).
    2. teorema dos incrementos finitos Teorema segundo o que se f(x) é unha función continua en [a,b] e derivable en (a,b) entón existe cando menos un punto c K (a,b) tal que a derivada f´(c) é igual á derivada en f´(b) menos a derivada f´(a) dividido todo pola diferenza de b menos a. OBS: Tamén se denomina teorema do valor medio.
  3. s m LING Cada un dos morfemas engadidos, por esixencias de flexión ou afixación, a unha base.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • Espérase un incremento das temperaturas na fin de semana, Quéixanse do incremento das taxas académicas