Ir ao contido principal
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Selector de idioma
Galego
Castellano
Pechar o selector de idioma
Participa
Outros recursos
O dicionario
Galego
Castellano
Participa
Outros recursos
O dicionario
Abrir/pechar menú
Características
Abreviaturas
Apéndice gramatical
Créditos
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Definicións
Sinónimos
Conxugador
Refráns
Buscar termo
Opcións avanzadas
Palabra completa
Comeza por
Contén
Remata en
En toda a entrada
Idioma
Seleccione un idioma
Inglés
Castelán
Francés
Italiano
Buscar termo
Buscar termo
Buscar termo
preguiza
Escoitar
< lat pigritĭa
Plural:
preguizas
s
f
Aversión ao traballo ou á vida activa.
s
f
Lentitude na realización de algo.
s
f
RELIX
Sétimo e derradeiro dos pecados capitais, oposto á dilixencia segundo o catecismo.
Sinónimos
desidia
,
doca
,
galbana
,
nugalla
Refráns
A mala fiadeira a roca faille denteira.
A moita parada fai pouca andada.
A mozo sentado non lle encargues recado.
A nugalla non come pan nin dorme na cama nin viste camisa lavada.
A preguiza nunca fixo cousa boa.
Á raposa durmida non lle cae nada na boca nin na barriga.
Á ruín ovella a la parece que lle pesa.
Aramos -dixo a mosca ao boi.
Arremangouse a preguiza e botou lume á cociña.
As mañanciñas de abril son moi boas para durmir e as de maio son as mellores do ano.
As moitas paradas fan os días pequenos.
Barco parado non gaña frete.
Camarón que se dorme, vaino levando a corrente.
Casa, viña e poldro, fágano outros.
Coas moitas paradas acúrtanse os días.
Comer, ata enfermar; e gardar cama, ata sanar.
Dona que pouco fía sempre fai TUín camisa.
Home lacazán, na leira llo coñecerán.
Home preguiceiro, na festa é rebuldeiro.
Home preguizoso, o domingo é afanoso.
Home sentado non fai bo mandado.
Labrador larchán nio colle viño nin sega pan.
Man sobre man, coma a muller do escribán.
Marido na lareira, dor na faldriqueira que anda baleira.
Mariñeiro que dorme, peixes non colle.
Mocidade preguizosa, vellez traballosa.
Moitas veces se perde por preguiza o que se gaña por cobiza I xusticia.
Muíño parado non gaña maquía.
Nin mozo durmidor nin gato maiador.
Nunca ¡Tempo hai! fixo cousa boa.
Ó home lacazán, o caldo no pote e o legón na mano
O marido na cama e a fame na casa.
O mozo preguiceiro, por non dar un paso, dá un milleiro.
O mozo sentado non fai bo mandado.
O pastor descoidado mala conta ten do gando.
O que de mozo non traballa, de vello dorme na palla.
O que non quita a goteira terá que facer a casa enteira.
O que non se comezou, nunca se pode acabar.
O que se ergue tarde nin oe misa nin come carne.
O traballar é de xente de mal vivir, pois o día mose para descansar e a noite para durmir.
O traballo é para os burros.
O traxineiro non pode ser preguiceiro.
Preguiza ¿queres pan? -Si, señora, se mo dan -Pois logo tráeme o coitelo -Non, señora, non /lo quero.
Preguiza ¿queres pan? -Si, señora, se mo dan e se mo tran.
Quen foxe do traballo foxe do descanso.
Quen queira traballos que os busque e que lle aproveite.
Quen tempo ten e tempo espera, tempo é que o demo lle leva.
Raposo que moito dorme nunca boa galiña come.
Se o muíño non anda, a maquía non se gaña.
Todos aramos -dixo Valboa.
Tres camisas teño agora, non me chamen mangallona: unha téñoa no tear, outra xa a dei a fiar e outra que me dan agora.
Tres camisas teño agora; non me dirán mangallona: unha téñoa no tear, outra téñoa para fiar e outra que me fan agora.
Uns por outros, a casa sen varrer.
¡Deus " dea traballos a quen os queira!
¡Estrícate, galo, que a pelar te levan!
¿A onde irás, boi, que non aras, senón á cortadoria?
¿Que lle irnos facer?: descansar e volver beber.
Palabras veciñas
pregoeiro -ra
pregón
preguiceiro -ra
preguiza
preguizoso -sa
pregunta
preguntador -ra