desidia

< lat desidĭa
Plural: desidias
  1. s f Falta de coidado, dedicación ou interese nunha actividade ou traballo.
  2. s f Falta de vontade para realizar unha actividade ou traballo que requira algún esforzo.
  3. s f Falta de coidado que ten unha persoa de si mesma ou das súas cousas.

Citas

  • Non lle pasa nada, non traballa por desidia, Ten desidia ata para ir comer
  • O fracaso do proxecto non foi por incompetencia, senón por desidia, Non fai as cousas ben por desidia
  • Vestía con desidia e mal gusto, Ninguén se pode imaxinar a desidia na que está a súa casa