prefecto -ta

< lat prafectu
Plural: prefectos Masculino: prefecto Masculino plural: prefectos Feminino: prefecta Feminino plural: prefectas
    1. s m HIST Nome dado, na Roma antiga, a oficiais que desempeñaban funcións xurisdicionais por delegación dos maxistrados superiores.
    2. s m DER/ADM Grao do comisario da república, no estado francés, que é, desde 1982, o representante do estado no departamento ou na rexión.
    3. prefecto apostólico RELIX Bispo ou sacerdote delegado para que se ocupe dos asuntos eclesiásticos nunha misión onde aínda non hai organizada unha xerarquía ordinaria.
    4. prefecto da sagrada congregación RELIX Cada un dos cardeais delegados polo papa para presidir as diversas congregacións romanas.
  1. s RELIX Encargado da formación dos mozos e de velar pola disciplina nalgúns colexios relixiosos ou seminarios.