preferencia

< lat praefĕrens -entis, p pres de praeferre
Plural: preferencias
  1. s
    1. Acción e efecto de preferir.
    2. p ext Cousa que se escolle dentro dun grupo.
  2. s f Prioridade que ten alguén sobre outros.
  3. s f Lugar preferente nunha sala de espectáculos.
  4. s f DER Dereito concedido na compravenda a un dos compradores, para adquirir unha cousa moble sempre que non tomase posesión antes ca os outros compradores.
  5. s f ECON Motivo que fai que o suxeito dunha decisión económica se incline pola adquisición ou conservación dun ben determinado comparando a súa utilidade coa doutros.

Sinónimos

Refráns

  • Ave por ave, o porco, se voase.
  • Cen anos de guerras e non un de preitos.
  • Déanme vinte voces e non me dean dous couces.
  • Dos peixes, o mero; e das carnes, o carneiro.
  • Máis quero hoxe ovos que mañá polos.
  • Máis quero neno mamón, que neno bonito e pasmón.
  • Máis quero o neno chuchón que chorón.
  • Máis quero pouco en seguro, que moito con perigo.
  • Máis quero un toma, que dous che darei.
  • Máis vale que sobre que non que falte.
  • Quero máis pouco e ben gañado, que moito e mal gastado.
  • Veñan dúas mil e non veña unha de abril.