smHISTNome dado, na Roma antiga, a oficiais que desempeñaban funcións xurisdicionais por delegación dos maxistrados superiores.
smDER/ADMGrao do comisario da república, no estado francés, que é, desde 1982, o representante do estado no departamento ou na rexión.
prefecto apostólicoRELIXBispo ou sacerdote delegado para que se ocupe dos asuntos eclesiásticos nunha misión onde aínda non hai organizada unha xerarquía ordinaria.
prefecto da sagrada congregaciónRELIXCada un dos cardeais delegados polo papa para presidir as diversas congregacións romanas.
sRELIXEncargado da formación dos mozos e de velar pola disciplina nalgúns colexios relixiosos ou seminarios.