anuncio

< lat annuntiu
Plural: anuncios
  1. s m Acción e efecto de anunciar.
    1. s m Comunicación dirixida a un público concreto e divulgada a través dun medio publicitario co obxectivo de persuadir ou informar sobre un produto ou servizo.
    2. s m Inserción publicitaria que se fai na prensa.
    3. anuncio por palabras Anuncio que consiste nun texto breve publicado nunha sección específica da prensa diaria.

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • Durante o nadal emiten máis anuncios na televisión