noticia

< lat notitĭa
Plural: noticias
  1. s f Información que se ten ou que se dá dalgunha cousa.
  2. s f Coñecemento sobre o estado ou situación dunha persoa ou dunha cousa da que hai algún tempo que non se sabe nada.
  3. HIST/DER Indicación que se puña, do s XI ao s XII, ao dorso dun pergameo collendo nota dos datos necesarios para redactar unha escritura.

Citas

  • A noticia saltou a primeira hora do día
  • As últimas noticias elevaban a cifra de mortos no accidente a tres
  • Non teño noticias dela desde que deixamos a universidade