reclamo

< reclamar
Plural: reclamos
  1. s m Paxaro adestrado para que o seu berro atraia outros paxaros.
  2. s m ORNIT Son co que un paxaro chama a outro da súa mesma especie.
  3. s m Instrumento con que se imita a voz dun paxaro para conseguir outros da súa especie.
  4. s m Aquilo que se fai para atraer a atención do público e incitalo a comprar un produto ou fomentar unha empresa.
  5. s m HIST Palabra ou sílaba que nos libros antigos se adoitaba poñer ao pé de cada páxina e que era a mesma con que comezaba a páxina seguinte.