sfDERProcedemento de selección de funcionarios que consiste en facer unha serie de exercicios que proben a suficiencia dos aspirantes e os clasifiquen segundo a puntuación obtida.
sfFILOSRelación entre dous conceptos, dous membros ou dous aspectos, en que un é a negación do outro ou ten unha calidade que non se pode dar simultaneamente coas do outro.
sfLINGRelación distintiva que se establece entre os elementos homoxéneos dun sistema lingüístico.
oposición gradualLINGOposición fonemática en que o trazo distintivo operante considerado basea a súa facultade diferenciadora nun grao maior ou menor da característica fónica que o constitúe.
oposición significativaLINGOposición formada por dous signos da lingua con significados diferentes.
sfPOLÍTOrganización ou organizacións que loitan contra os que teñen o poder político para conseguilo por medios pacíficos ou violentos.
sfASTRONSituación relativa de dous astros cando están aliñados coa Terra entre os dous. Cando dous astros están en oposición, entre as lonxitudes xeocéntricas de un e do outro hai unha diferenza de 180?, e entre as súas ascensións rectas hai unha diferenza de 12 horas.
Citas
A oposición das pantallas permite unha visión diferente da obra
A oposición entre a ficción e a realidade é a característica máis importante desta novela