oposición

< lat oppositĭōne
Pliral: oposicións
  1. s f Acción e efecto de opoñer ou de opoñerse.
  2. s f Antagonismo entre dous elementos.
  3. s f Disposición dunha cousa fronte a outra.
  4. s f DER Procedemento de selección de funcionarios que consiste en facer unha serie de exercicios que proben a suficiencia dos aspirantes e os clasifiquen segundo a puntuación obtida.
    1. s f FILOS Relación entre dous conceptos, dous membros ou dous aspectos, en que un é a negación do outro ou ten unha calidade que non se pode dar simultaneamente coas do outro.
    2. s f LING Relación distintiva que se establece entre os elementos homoxéneos dun sistema lingüístico.
    3. oposición gradual LING Oposición fonemática en que o trazo distintivo operante considerado basea a súa facultade diferenciadora nun grao maior ou menor da característica fónica que o constitúe.
    4. oposición significativa LING Oposición formada por dous signos da lingua con significados diferentes.
  5. s f POLÍT Organización ou organizacións que loitan contra os que teñen o poder político para conseguilo por medios pacíficos ou violentos.
  6. s f ASTRON Situación relativa de dous astros cando están aliñados coa Terra entre os dous. Cando dous astros están en oposición, entre as lonxitudes xeocéntricas de un e do outro hai unha diferenza de 180?, e entre as súas ascensións rectas hai unha diferenza de 12 horas.

Citas

  • A oposición das pantallas permite unha visión diferente da obra
  • A oposición entre a ficción e a realidade é a característica máis importante desta novela