sfCalidade do que se move ou pode moverse con facilidade.
sfCarácter daquilo que cambia con facilidade.
sfECONCaracterística dos factores de produción que define a súa facilidade para ser aplicados indistintamente a procesos de produción alternativos ou para ser trasladados espacialmente.
sfFÍSCoeficiente de proporcionalidade μ entre a velocidade v dunha partícula sometida a un campo de forzas e a intensidade E do campo, de maneira que v = μE.
grao de mobilidadeFÍS/INDSuma do número de velocidades e de direccións do movemento que se poden asignar libremente ás articulacións nunha estrutura de barras articuladas, e que determinan todas as demais condicións de movemento da estrutura.
mobilidade socialSOCIOLCalidade dos individuos, familias ou grupos sociais pola que estes pasan dunha posición social a outra.
Citas
A mobilidade do seu carácter é propia da súa idade
É un xogador que se carateriza pola súa mobilidade