mobilización

< mobilizar
Plural: mobilizacións
  1. s f Acción e efecto de mobilizar ou mobilizarse.
  2. s f BÉL
    1. Acción de pór os recursos nacionais necesarios a disposición da defensa e seguridade dun país en caso de emerxencia ou de guerra.
    2. Incorporación de reservistas ás forzas armadas.
  3. MED
    1. s f Proceso que consiste en mobilizar o corpo ou unha parte del. Pode ser activa, mediante a contracción muscular voluntaria do individuo, ou pasiva, coa axuda de elementos externos.
    2. mobilización precoz Método para evitar complicacións tras o parto ou outras operacións.

Palabras veciñas