adxAplícase á cousa que se pode transportar dun lugar a outro.
smObxecto de decoración ou xogo composto de elementos unidos por fíos ou varas articuladas, suspendidas ou en equilibrio sobre un soporte, que se move co impulso do aire.
smARTERealización plástica dotada de movemento constante ou alternativo e autoaccionada ou propulsada por un axente externo.
smFÍSCorpo en movemento.
móbil perpetuo de primeira especieFÍSMáquina, imposible de construír segundo o primeiro principio da termodinámica, que, unha vez posta en marcha, proporcionaría indefinidamente traballo útil sen recibir enerxía ou ben proporcionaría máis enerxía da que consumiría para funcionar.
móbil perpetuo de segunda especieFÍSMáquina, imposible de construír segundo o segundo principio da termodinámica, que realizaría un proceso cíclico que daría como resultado a extracción de calor dunha única fonte e a produción dunha cantidade equivalente de traballo.
adx
Que cambia ou pode cambiar.
Que non ten estabilidade ou fixación.
smAquilo que impulsa a realizar unha acción.
smCOMUNteléfonomóbil.
Citas
As unidades móbiles de televisión chegaron ao lugar do accidente
Avariouse a peza móbil e tiveron que pedir un recambio
Están investigando o móbil do roubo
Os prezos móbiles dos produtos provocaron flutuación no mercado
Regaláronlle un móbil artesanal feito por un pobo amerindio