membrana

< lat membrāna
Plural: membranas
  1. BIOL
    1. s f Estrutura anatómica formada por unha lámina primaria, branda e flexible con función protectora e de unión.
    2. membrana abdominal peritoneo.
    3. membrana basal Capa primaria e transparente que se sitúa baixo o epitelio das membranas mucosas e das súas glándulas.
    4. membrana basilar Porción membranosa do tabique dos condutos da orella interna.
    5. membrana celular/citoplasmática/plasmática Capa dobre continua, composta principalmente por lípidos e proteínas, que ten como función principal a regulación do transporte de materiais entre o citoplasma e o medio externo. 6
  2. s f ARQUIT Cada unha das estruturas curvas e moi finas, construídas con materiais resistentes á tracción e á compresión, que traballan con esforzos normais, repartidas con regularidade.
    1. s f FÍS Lámina moi fina.
    2. s f FÍS/TECNOL Lámina que pode vibrar sometida á acción de ondas sonoras ou a forzas capaces de producir desprazamentos lonxitudinais e que forma parte de moitos aparatos acústicos.
    3. s f TECNOL Lámina flexible, de metal, que se emprega en aparatos hidráulicos e nalgúns instrumentos de medida en que forma parte do seu compartimento e serve para comparar a súa presión.
    4. membrana permeable QUÍM Membrana que, no seo dunha disolución, pode ser atravesada tanto polo disolvente como polo soluto.
    5. membrana semipermeable QUÍM Membrana que, no seo dunha disolución, pode ser atravesada polo disolvente, pero non polo soluto.

Sinónimos