sfEstrutura anatómica formada por unha lámina primaria, branda e flexible con función protectora e de unión.
membrana abdominalperitoneo.
membrana basalCapa primaria e transparente que se sitúa baixo o epitelio das membranas mucosas e das súas glándulas.
membrana basilarPorción membranosa do tabique dos condutos da orella interna.
membrana celular/citoplasmática/plasmáticaCapa dobre continua, composta principalmente por lípidos e proteínas, que ten como función principal a regulación do transporte de materiais entre o citoplasma e o medio externo. 6
sfARQUITCada unha das estruturas curvas e moi finas, construídas con materiais resistentes á tracción e á compresión, que traballan con esforzos normais, repartidas con regularidade.
sfFÍSLámina moi fina.
sfFÍS/TECNOLLámina que pode vibrar sometida á acción de ondas sonoras ou a forzas capaces de producir desprazamentos lonxitudinais e que forma parte de moitos aparatos acústicos.
sfTECNOLLámina flexible, de metal, que se emprega en aparatos hidráulicos e nalgúns instrumentos de medida en que forma parte do seu compartimento e serve para comparar a súa presión.
membrana permeableQUÍMMembrana que, no seo dunha disolución, pode ser atravesada tanto polo disolvente como polo soluto.
membrana semipermeableQUÍMMembrana que, no seo dunha disolución, pode ser atravesada polo disolvente, pero non polo soluto.