tímpano

< lat tympănu gr τύμπανον
Plural: tímpanos
  1. s m
    1. ZOOL Membrana do oído dos cordados.
    2. ENTOM Órgano fonorreceptor dalgúns insectos formado por unha membrana que comunica co exterior e co remate dunha traquea.
  2. s m ARQUIT
    1. Frontón, na Antigüidade clásica.
    2. Espazo semicircular que constitúe a parte superior dun pórtico románico ou gótico.
    3. Espazo análogo, sen ornamentación escultórica, colocado como elemento decorativo na parte superior de portas e ventás, durante o Renacemento e o Barroco.
  3. s m CONSTR Espazo que hai entre a volta e a imposta nunha ponte con arcos ou nunha obra pequena de paso.