matriz

< lat matrīce
Plural: matrices
  1. ANAT
    1. s f Órgano do corpo da femia onde ten lugar a concepción e o desenvolvemento do feto ata o momento do seu nacemento.
    2. s f Materia básica que ten capacidade xeradora ou formadora.
    3. matriz da uña Zona de crecemento da uña que comprende a lúnula e o tecido da raíz.
    4. matriz do pelo Raíz epidérmica do folículo piloso.
    5. matriz ósea Substancia intersticial calcificada que constitúe a masa do óso.
    1. adx Que lle dá orixe ou vitalidade a unha cousa.
    2. igrexa matriz RELIX Igrexa primitiva dun país.
  2. s f Parte dun talonario que queda unha vez separados os talóns.
  3. s f Molde para fundir ou moldear distintos obxectos.
  4. s f Escrito orixinal dun documento.
  5. MAT
    1. s f Disposición dos elementos dun corpo K da maneira seguinte:

      Cada unha das liñas horizontais de números é unha fila da matriz, e cada liña vertical é unha columna. Dise que unha matriz é m´n cando ten m filas e n columnas. Pode ser expresada mediante o seu elemento xenérico a ij , na forma A = (a ij ), onde i é o índice de fila e j é o índice de columna.
    2. matriz antisimétrica Matriz cadrada igual á súa trasposta cambiada de signo: A = -A t .
    3. matriz cadrada Matriz con igual número de filas que de columnas.
    4. matriz de Gram Matriz cadrada G que ten como termo xeral G ij = <x i , x j >, i,j = 1,...,n, dados n vectores, x 1 ,...,x n , dun espazo vectorial dotado dun produto escalar <,>.
    5. matriz diagonal Matriz cadrada en que os elementos son todos nulos agás os da diagonal principal, é dicir, a ij =0 se ij.
    6. matriz inversa dunha matriz Matriz cadrada A -1 tal que AA -1 =A -1 A=I, dada unha matriz cadrada A, onde I é a matriz unidade.
    7. matriz invertible Matriz que ten inversa.
    8. matriz nula Matriz tal que todos os seus elementos son nulos, que se representa mediante 0.
    9. matriz semellante a unha matriz Matriz cadrada A tal que existe unha matriz cadrada invertible M que satisfai A=MBM -1, dada unha matriz cadrada B.
    10. matriz simétrica Matriz cadrada igual á súa trasposta: A=A t , onde os seus elementos satisfán a ij = a ji .
    11. matriz trasposta dunha matriz Matriz A t que resulta de cambiar en A filas por columnas, dada unha matriz A; os seus elementos satisfán a t ij =a ji .
    12. matriz triangular Matriz cadrada tal que todos os elementos que forman as diagonais secundarias, situadas ou ben por riba da diagonal principal ou ben por baixo, son nulos.
    13. matriz unidade/identidade Matriz cadrada tal que todos os elementos son nulos agás os da diagonal principal, que son iguais a 1.
  6. ANAT
    1. s f Porción periférica dos cromosomas que se presenta como unha cuberta despois da fixación e da tinguidura.
    2. matriz mitocondrial Espazo interno das mitocondrias.
  7. s f FÍS Rede lóxica en forma de rectángulo, constituída por dúas series de condutores paralelos (filas e columnas, perpendiculares entre elas) e provista de bornes correspondentes de entrada e de saída.
  8. s f pl XEOL Materiais de gran fino que actúan como cemento unindo os fragmentos máis grosos dun depósito.
  9. s f BIOL Substancia intercelular do tecido cartilaxinoso.
  10. TECNOL
    1. s f Molde que dá un modelo para a forma ou o relevo.
    2. matriz de embutir Conxunto de pezas coas arestas romas onde unha delas, o punzón, queda dentro da outra, que se coloca entre ambas as dúas pezas da prancha metálica que quere embutir.
    3. matriz de tallar Conxunto de dúas pezas coas arestas afiadas que poden encaixar mutuamente.
  11. mecánica das matrices FÍS Forma da mecánica cuántica que consiste en asociar unha matriz a cada variable física.