Ir ao contido principal
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Selector de idioma
Galego
Castellano
Pechar o selector de idioma
Participa
Outros recursos
O dicionario
Galego
Castellano
Participa
Outros recursos
O dicionario
Abrir/pechar menú
Características
Abreviaturas
Apéndice gramatical
Créditos
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Definicións
Sinónimos
Conxugador
Refráns
Buscar termo
Opcións avanzadas
Palabra completa
Comeza por
Contén
Remata en
En toda a entrada
Idioma
Seleccione un idioma
Inglés
Castelán
Francés
Italiano
Buscar termo
Buscar termo
Buscar termo
matrimonio
Escoitar
< lat matrimonĭu
Plural:
matrimonios
s
m
Unión dun home e dunha muller, lexitimada pola sociedade, para formar un núcleo familiar.
s
m
Parella unida en matrimonio.
Citas
Moitos colectivos piden que se legalice o matrimonio entre homosexuais
O matrimonio e os dous fillos ían no autobús
O matrimonio sentoulle moi ben
Refráns
A casa sen muller cen ollos ha mester.
Á filla mala, diñeiros e casala.
A mesa e a muller, ben forradas, se pode ser.
A moza, casala co moco; e o mozo, co bozo.
A muller casada non viva descoidada.
A muller casamenteira, que arranxa un casamento, ten a festa enteira.
A muller co bo marido crece coma o ovo batido.
A muller co seu home ben está, anque sexa no monte.
A muller que pega ao seu home, fai ben, se pode.
A muller quincela, home de trinta.
A primeira muller, vasoira; e a segunda, dona.
A túa muller estímaa polo que valla e non polo que traia.
A viúva que moito chora ten gana doutra voda.
Alá vaias, casada, onde non topes con sogra nin cuñada.
Algo terá o casamento cando o bendicen.
Amores novos, casa con pucheiros.
Anelo no dedo, honra sen proveito.
Antes de casar, ter casas en que morar, terras en que traballar e viñas en que podar.
Antes que te cases, mira o que fas, que, despois de casado, mal te descasarás.
Ás veces leva o home para súa casa con que chore.
Bebe do río, por alvolto que vaia; come carneiro, por caro que che saía; casa con doncela, por anos que ela faga.
Ben cabe un bo anelo nun pequeno dedo.
Ben lle vai á casa onde só un manda.
Ben ou mal, casarme han; mal ou ben, non sei con quen.
Ben parece a moza garrida cabo da barba cumprida.
Busca casa con lar e muller que saiba fiar.
Buscas un bo cabalo para a túa egua e dás a túa filla ao primeiro que chega.
Cada paxariño quere o seu niño.
Cando á túa filla lle viñera o fado, cásaa de contado.
Cando che dean o anelo, prepara o dedo.
Casa con muller honrada, se queres ter vida sosegada.
Casa e irás ben os teus primeiros meses, mais despois cobizarás a vida dos solteiros.
Casa e verás: perdera-Io sono e pouco durmirás.
Casa o fillo cando quixeres e a filla canto máis antes puideres.
Casa o fillo co teu igual e non dirán de ti mal.
Casa o fillo, cando quixeres, e a filla, cando poideres.
Casa o teu fillo co teu igual e non dirán de ti mal.
Casa o teu fillo, cando queiras; e a túa filla, cando poidas.
Casa por interés e saberás o que é.
Casa, que, despois de casado, collerás coidado.
Casa: verás como o sono da alba non o durmirás.
Casado e arrepentido.
Casamento de parentes ten moitos inconvenientes.
Casamento e malas fadas logo son chegadas.
Casamento e señorío non queren forza nin brío.
Casamento e señorío queren forza e brío.
Casamento malo logo é concertado.
Casamento por amores acaba en dores.
Casamento por interés, o contento dura un mes. -
Casamento sinxelo: nin el leva capa nin ela mantelo.
Casar a moza co vello non é bo consello.
Casar de mociños e andar esfarrapadiños e enche-la casa de meniños.
Casar é cegar ou afogar.
Casar e compadrar, cada cal co seu igual.
Casar, casar: bo é de amañar, pero é malo de aturar.
Casar, casar: soa ben e sabe mal.
Casar, para deitarse sen cear despois de mal xantar, a ninguén lle pode agradar.
Casarás e acougarás/amansarás/aprenderás.
Casarás en mala hora e comerás pan e cebola.
Casarás en mala hora e terás pan e cebola.
Casaraste e arrepentiraste.
Casaráste, home coitado, e collerás coidado.
Casaron a Pedro con Manuela: se ruín é el, ruín é ela.
Casaron a Xan con Sabela: se ruín é el, peor é ela.
Casáronte: cazáronte.
Cásate cun carniceiro, comerás caldo de tripas.
Cásenme noramala, que máis vale algo que nada.
Casou Pedro e non foi mal; casou en terras de pan.
Da boa nai busca a filla e da boa cepa planta a viña.
Dá que pensar, que, se o noivo non ten nada ¿para que quere casar?
De cedo casar e de cedo madrugar, xa te arrepentirás.
De viúva tres veces casada non fíes nada.
En martes nin panos cortes nin filla cases.
Entre casados fanse as paces deitados.
Entre o marido e a muller só paz debes poñer.
Eu casar, ben casaba, se non houbera que manter os fillos e a muller.
Home que ao erguerse di ¡opa! e ao sentarse di ¡ai! non é para a filla da miña nai.
Home que ao erguerse di ¡opa! e ao sentarse di ¡ai! non serve para a filla da miña nai.
Hoxe casado e mañá cansado.
Máis se casa con amor que con dor.
Máis vale solteiro estar, que mal casar.
Malo é ter que casar, pero peor é ter que descasar.
Mellor é a moza de criar que de casar.
Mirade O que facedes entre sebes e paredes.
Moza con vello casada, como vella hai que tratala.
Moza que moito se arrisca ou quere noivo ou quere trisca.
Moza riseira, trouleira e ventaneira, para quen a queira.
Muller e fomo, cunha hai de abondo.
Muller sen home é coma lume sen leña.
Nin mozo farrento nin gato cinsento.
Nin voda sen canto nin enterro sen pranto.
Non collas por dona muller respostona.
Non merques burro de recueiro, nin cases con filla de mesoneiro.
Non te cases cun ferreiro que te pican as muxicaso
Nunca te cases e, se é que te casas, nunca te descases.
O casado casa quer e o solteiro quer muller.
O casado queda para sempre cazado.
O casamento é bo de facer, mais quen o ha de soster, moito ten que saber.
O casamento e o caldo, en quente e pelando.
O casamento parece cousa do vento: canto ás veces máis se trata, máis logo se desata.
O casamento trae moitas veces o arrepentimentoo
O casar quere acertar.
O día que casas, ou curas ou te matas.
O día que cases ten cuidado non te manques.
O día que me.casei, boa cadea me botei.
O marido fai muller.
O marido ten que ter prudencia e a muller paciencia.
O marido, temelo, querelo e obedecelo.
O melón e a muller son malos de coñecer.
O melón e O casamento ten que ser acertamento.
o menor erro que pode facer, é casar, a muller.
O meu marido é tamborileiro; así mo deu Deus e eu tamén así o quero.
O que aos vinte non é home e os trinta non casou, ese paxaro voou.
O que casa, por todo pasa.
O que casa, quere casa.
O que di ¡ai! ao erguerse e ¡ai! ao sentar, non serve para casar.
O que fóra vai casar, ou vai enganado ou vai enganar.
O que lonxe vai casar, ou leva chata ou vaina buscar.
O que lonxe vai casar, ou vai enganado ou vai enganar.
O que non ten muller, ben a quixera ter.
O san Antonio é o santo das nenas porque, Ao casalas, arrédalle-Ias penas.
O traballo do casado é o traballo máis honrado.
Palabras de casamento, moitas veces, lévaas o vento.
Pan de voda, para min sobra.
Para ben casar, casa co teu igual.
Para mal casar, vale máis solteiro estar.
Por marido raíña e por marido mesquiña.
Quen casa unha filla, gaña un fillo; quen casa un fillo, perde o fillo.
Quen lonxe vai casar, ou ten chata ou vaina buscar.
Quen non é bo para si ¿como ha ser bo para min?
Quen non serve para casado, que non engane a muller.
Quen quixo casar, casou: se non foi con quen quixo, foi con quen cadrou.
Quen se casa por amores, malos días e boas noites.
Quen vai soilo pola prata ben pode dicir que se ata.
Saber escoller boa muller, é moito saber.
Se te casas cun ferreiro, tes que lavalo primeiro.
Tres anos hai que casei e que poreo non matei: este ano e o pasado e o ano que casei.
Uns casados, outros solteiros e todos tan contentos.
Vale máis solteiro que mal casado.
Vale máis un amor de lonxe, que vintecinco da porta.
Vóucheme á feira do san Trocado: vou que me merquen o meu maridallo.
¡Arranchar, arranchar, que quero casar!
¡Arronchar, arronchar: que me quero casar!
¡Casa, Xan, que Deus dará pan!
¡Cáseme noramala, que máis vale algo que nada!
¡Gárdeme Deus de mozo rezador e de vello xexuador!
¡Meu san Antoniño, dádeme axiña un bo maridiño.
¡San Antonio bendito me valla para darme un home anque sexa de palla!
¿Por que non casas, Xan? -As que me dan non as quero; e as que quero, non mas dan.
Palabras veciñas
matrilocal
matrilocalismo
matrimonial
matrimonio
matriz
matrona
matronal