sfÓrgano do corpo da femia onde ten lugar a concepción e o desenvolvemento do feto ata o momento do seu nacemento.
sfMateria básica que ten capacidade xeradora ou formadora.
matriz da uñaZona de crecemento da uña que comprende a lúnula e o tecido da raíz.
matriz do peloRaíz epidérmica do folículo piloso.
matriz óseaSubstancia intersticial calcificada que constitúe a masa do óso.
adxQue lle dá orixe ou vitalidade a unha cousa.
igrexa matrizRELIXIgrexa primitiva dun país.
sfParte dun talonario que queda unha vez separados os talóns.
sfMolde para fundir ou moldear distintos obxectos.
sfEscrito orixinal dun documento.
MAT
sfDisposición dos elementos dun corpo K da maneira seguinte:
Cada unha das liñas horizontais de números é unha fila da matriz, e cada liña vertical é unha columna. Dise que unha matriz é m´n cando ten m filas e n columnas. Pode ser expresada mediante o seu elemento xenérico a ij , na forma A = (a ij ), onde i é o índice de fila e j é o índice de columna.
matriz antisimétricaMatriz cadrada igual á súa trasposta cambiada de signo: A=-A t.
matriz cadradaMatriz con igual número de filas que de columnas.
matriz de GramMatriz cadrada G que ten como termo xeral G ij = <x i , x j>, i,j = 1,...,n, dados n vectores, x 1 ,...,x n , dun espazo vectorial dotado dun produto escalar <,>.
matriz diagonalMatriz cadrada en que os elementos son todos nulos agás os da diagonal principal, é dicir, a ij =0 se i≠j.
matriz inversa dunha matrizMatriz cadrada A -1 tal que AA -1=A -1A=I, dada unha matriz cadrada A, onde I é a matriz unidade.
matriz invertibleMatriz que ten inversa.
matriz nulaMatriz tal que todos os seus elementos son nulos, que se representa mediante 0.
matriz semellante a unha matrizMatriz cadrada A tal que existe unha matriz cadrada invertible M que satisfai A=MBM -1,dada unha matriz cadrada B.
matriz simétricaMatriz cadrada igual á súa trasposta: A=A t , onde os seus elementos satisfán a ij=a ji.
matriz trasposta dunha matrizMatriz A t que resulta de cambiar en A filas por columnas, dada unha matriz A; os seus elementos satisfán a t ij=a ji.
matriz triangularMatriz cadrada tal que todos os elementos que forman as diagonais secundarias, situadas ou ben por riba da diagonal principal ou ben por baixo, son nulos.
matriz unidade/identidadeMatriz cadrada tal que todos os elementos son nulos agás os da diagonal principal, que son iguais a 1.
ANAT
sfPorción periférica dos cromosomas que se presenta como unha cuberta despois da fixación e da tinguidura.
matriz mitocondrialEspazo interno das mitocondrias.
sfFÍSRede lóxica en forma de rectángulo, constituída por dúas series de condutores paralelos (filas e columnas, perpendiculares entre elas) e provista de bornes correspondentes de entrada e de saída.
sf plXEOLMateriais de gran fino que actúan como cemento unindo os fragmentos máis grosos dun depósito.
sfBIOLSubstancia intercelular do tecido cartilaxinoso.
TECNOL
sfMolde que dá un modelo para a forma ou o relevo.
matriz de embutirConxunto de pezas coas arestas romas onde unha delas, o punzón, queda dentro da outra, que se coloca entre ambas as dúas pezas da prancha metálica que quere embutir.
matriz de tallarConxunto de dúas pezas coas arestas afiadas que poden encaixar mutuamente.
mecánica das matricesFÍSForma da mecánica cuántica que consiste en asociar unha matriz a cada variable física.