levantamento

< levantar
Plural: levantamentos
  1. s m Acción e efecto de levantar ou levantarse.
  2. s m BÉL/POLÍT Rebelión ou alzamento armado que ten por finalidade derrocar o poder establecido ou tentar que este cambie de rumbo político.
  3. XEOG
    1. s m Conxunto de operacións xeométricas necesarias para realizar un plano ou un mapa topográfico, ben sobre o terreo ou ben valéndose de fotografías aéreas.
    2. s m Plano ou mapa trazado con esta técnica.
    3. s m Trazado que se fai nun mapa topográfico para sinalar os contornos xeolóxicos segundo os afloramentos do terreo.
    4. levantamento topográfico Conxunto de accións técnicas que se levan a cabo para determinar a dimensión, a forma e a posición dos feitos físicos e humanos dun determinado espazo para logo poder representalos nun mapa.
  4. levantamento do cadáver DER Dilixencia que fai un xuíz, acompañado dun médico, pola que dá orde do seu traslado ao lugar onde se realizará a autopsia.