análogo -ga

< lat analŏgus gr ἀ νάλογος
Plural: análogos Masculino: análogo Masculino plural: análogos Feminino: análoga Feminino plural: análogas
  1. adx Que se parece a outra cousa.
  2. adx Que presenta analoxía.
  3. FILOS
    1. adx Que está baseado na analoxía.
    2. termo análogo Termo que ten a mesma relación con outro, idéntico á relación que ten un terceiro cun cuarto.
  4. adx FÍS Aplícase ao polo que se carga positivamente cando sobe a temperatura e negativamente cando baixa.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Os problemas son análogos, de feito, resólvense do mesmo xeito