< lat analogĭa gr ἀ ναλογία ‘proporción, semellanza’
Plural:analoxías
sfRelación entre dúas ou máis cousas que teñen algo en común.
sfARQUEOLSemellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente.
sfBIOLSemellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas.
sfDERMétodo de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón.
sfFILOSCorrelación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes.
sfFÍSSimilitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.
sfLINGProceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro xeralmente máis regular.
analoxía etnolóxicaARQUEOLTransposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico.
Citas
A analoxía destes libros observámola no seu formato