analizador -ra

Plural: analizadores Masculino: analizador Masculino plural: analizadores Feminino: analizadora Feminino plural: analizadoras
  1. adx Que analiza.
  2. s m FÍS Prisma de Nicol ou outro sistema óptico que, nun polarímetro, recibe a luz que lle envía o polarizador.
  3. s m QUÍM Aparato que permite facer a análise química cuantitativa dun ou varios dos compoñentes dunha mostra. Empréganse en industria, en análise clínica e en oceanografía.
  4. analizador de gases METROL Aparato industrial destinado a medir a composición dos fumes ou gases producidos nunha combustión.
  5. analizador de transistores METROL Aparato de medida electrónico que ten por finalidade efectuar nun transistor as medidas que permiten obter os parámetros, as características e o comportamento nunhas condicións dadas.
  6. analizador diferencial INFORM Nome dado aos primeiros calculadores analóxicos.
  7. analizador sensorial PSIC Cada un dos sistemas sensoriais exteroceptivos (analizadores periféricos), dos nervios aferentes e dos centros nerviosos corticais (analizadores centrais), na escola de Paulov.