sfBIOL/PATDetención ou restrición da función dun órgano ou dunha actividade fisiolóxica determinada polo feito de estar alterada a acción que exercía un centro nervioso, unha substancia ou unha hormona específica.
sfPSIC
Supresión parcial ou completa da actividade espontánea ou condicionada dun sistema excitable, un órgano ou un centro nervioso, debido a unha causa física ou mental.
Estado psíquico que tende a frear ou evitar os modos de expresión que poderían revelar publicamente o carácter ou os pensamentos dun individuo.
inhibición encimáticaBIOQAcción reversible ou irreversible dunha substancia sobre un encima, de maneira que non lle permite actuar.