inhibición

< lat inhibitĭōne
Pliral: inhibicións
  1. s f Acción e efecto de inhibir ou inhibirse.
  2. s f BIOL/PAT Detención ou restrición da función dun órgano ou dunha actividade fisiolóxica determinada polo feito de estar alterada a acción que exercía un centro nervioso, unha substancia ou unha hormona específica.
  3. s f PSIC
    1. Supresión parcial ou completa da actividade espontánea ou condicionada dun sistema excitable, un órgano ou un centro nervioso, debido a unha causa física ou mental.
    2. Estado psíquico que tende a frear ou evitar os modos de expresión que poderían revelar publicamente o carácter ou os pensamentos dun individuo.
  4. inhibición encimática BIOQ Acción reversible ou irreversible dunha substancia sobre un encima, de maneira que non lle permite actuar.