sfDERDelito que consiste en inducir a unha persoa a cometer unha acción delitiva.
sfFISIOLIniciación dun proceso fisiolóxico determinada por un estímulo.
sfFILOSRazoamento co que se remonta desde o coñecemento dos fenómenos, feitos ou casos ao principio xeral que os contén ou que se efectúa en todos eles.
BIOL
sfProceso que orienta a diferenciación das células embrionarias e controla a forma definitiva do embrión a partir dun centro organizador.
indución asimiladoraIndución que actúa sobre un tecido non diferenciado, e que se dá nos enxertos artificiais.
indución somáticaIndución que actúa sobre as células xerminais.
sfMATMétodo para demostrar a validez dunha sucesión numerable de proposicións P 1 , P 2 ,…, P n ,... que consiste en demostrar a proposición P 1 e que a validez de P n implica a validez de P n+1 . OBS: Tamén se denomina métododeinducióncomplexa ou métododerecorrencia.
sfMEDPeríodo transcorrido entre a inhalación ou a inxección dun anestésico e o momento en que se acada o nivel óptimo de anestesia.
FÍS
indución electromagnéticaProdución dunha forza electromotriz nun circuíto pechado percorrido por un fluxo magnético variable, ou nun elemento dun circuíto móbil que corta un fluxo magnético.
indución mutuaProdución dunha forza electromotriz nun circuíto a causa das variacións da corrente que circula por un circuíto próximo.
indución propiaautoindución.
indución eléctricaFÍSdesprazamentoeléctrico.
indución electrostáticaFÍSFenómeno que consiste na modificación da distribución da carga eléctrica dun corpo neutro por acción dun campo eléctrico, de xeito que certas zonas do corpo queden electrizadas, sen variar a súa carga total.
indución encimáticaBIOQMecanismo de estimulación da síntese dun determinado encima por un substrato, a partir dos aminoácidos.
indución magnéticaFÍSector que cumpre que a forza producida por un campo magnético sobre un elemento de corrente é igual ao produto vectorial deste elemento por dito vector. Defínese como o cociente entre o fluxo magnético e a superficie percorrida por el. A unidade de medida no SI é o tesla. OBS: Tamén se denomina densidadedefluxomagnético.