indución

Pliral: inducións
  1. s f Acción e efecto de inducir.
  2. s f DER Delito que consiste en inducir a unha persoa a cometer unha acción delitiva.
  3. s f FISIOL Iniciación dun proceso fisiolóxico determinada por un estímulo.
  4. s f FILOS Razoamento co que se remonta desde o coñece­mento dos fenómenos, feitos ou casos ao principio xeral que os contén ou que se efectúa en todos eles.
  5. BIOL
    1. s f Proceso que orienta a diferenciación das células embrionarias e controla a forma definitiva do embrión a partir dun centro organizador.
    2. indución asimiladora Indución que actúa sobre un tecido non diferenciado, e que se dá nos enxertos artificiais.
    3. indución somática Indución que actúa sobre as células xerminais.
  6. s f MAT Método para demostrar a validez dunha sucesión numerable de proposicións P 1 , P 2 ,…, P n ,... que consiste en demostrar a proposición P 1 e que a validez de P n implica a validez de P n+1 . OBS: Tamén se denomina método de indución complexa ou método de recorrencia.
  7. s f MED Período transcorrido entre a inhalación ou a inxección dun anestésico e o momento en que se acada o nivel óptimo de anestesia.
  8. FÍS
    1. indución electromagnética Produción dunha forza electromotriz nun circuíto pechado percorrido por un fluxo magnético variable, ou nun elemento dun circuíto móbil que corta un fluxo magnético.
    2. indución mutua Produción dunha forza electromotriz nun circuíto a causa das variacións da corrente que circula por un circuíto próximo.
    3. indución propia autoindución.
  9. indución eléctrica FÍS desprazamento eléctrico.
  10. indución electrostática FÍS Fenómeno que consiste na modificación da distribución da carga eléctrica dun corpo neutro por acción dun campo eléctrico, de xeito que certas zonas do corpo queden electrizadas, sen variar a súa carga total.
  11. indución encimática BIOQ Mecanismo de estimulación da síntese dun determinado encima por un substrato, a partir dos aminoácidos.
  12. indución magnética FÍS ector que cumpre que a forza producida por un campo magnético sobre un elemento de corrente é igual ao produto vectorial deste elemento por dito vector. Defínese como o cociente entre o fluxo magnético e a superficie percorrida por el. A unidade de medida no SI é o tesla. OBS: Tamén se denomina densidade de fluxo magnético.

Formas incorrectas

inducción